A ANPA do CPI Camiño de Santiago, como xa fixera o pasado curso, volve manifestar o  seu rexeitamento ás probas da reválida de 3º de Primaria que se van celebrar no noso centro os días 28 e 29 de maio, por consideralas  unhas probas impostas que pretenden avaliar, de xeito externo e sen contar co profesorado do noso centro, as competencias dos nosos nenos e nenas. Unha postura que compartimos coa Confederación de ANPAS Galegas, da que formamos parte.

As resolución polas que se convocan estas reválidas, foron publicadas pola Consellería de Educación no DOG no 3 de maio pasado, e pódense consultar nos seguintes enlaces: Reválida de 3º de Primaria (preme aquí), reválida de 6º de Primaria (preme aquí) e reválida de 4º de ESO (preme aquí).

A reválida de 3º de Primaria é obrigatoria para todo o alumnado  dos centros galegos. No caso de 6º de Primaria  e 4º da ESO, estas probas teñen carácter mostral. É dicir, realizaranse só nalgúns centros. Este curso, oCPI Camiño de Santiago do Pinofoi elixido tamén para facer as dúas reválidas mostrais, polo que, inicialmente, terá que facer as probas todo o alumnado de 3º e 6º de Primaria e de 4º de ESO que acudan a clase os días 28 e 29 de maio.

A ANPA do CPI Camiño de Santiago, de acordo coa Confederación de ANPAS de Galicia, oponse a realización destas probas con argumentos similares aos expresados xa o pasado curso escolar 2017-2018, e que foron recollidos no documento que podedes encontrar neste enlace.

Dende a Confederación de ANPAS vaise promover o boicot á realización destas probas, unha decisión que compartimos na Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago, e poñémonos a disposición das familias para informarlles acerca das consecuencia de non realizar estas probas, e o que pode implicar facelas.

Poñemos tamén a disposición de todas as familias un documento para xusitificar a ausencia dos seus fillos e fillas ao colexio os días que se celebren as reválidas. Podedes descargalo neste enlace.

O ano pasado, a Confederación de ANPAS elaborou un documento no que incluía argumentos cos que “desmontar as reválidas da LOMCE”. Argumentos que consideramos seguen vixente hoxe en día.