Madrugadores

A empresa SIF SERVICIOS é a encargada de prestar o Servizo de Madrugadores no CPI Camiño de Santiago, co que se pretende favorecer a conciliación familiar durante o curso 2023-2024. Para o vindeiro curso ofrece o servizo opcional de almorzo para os nenos e nenas todos os días ou días soltos

Os nenos e nenas poden quedar no colexio dende as 07.30 ata ás 09.30 horas.

Podes consultar neste enlace o Regulamento do servizo para o curso 2023-24

Para solicitar Madrugadores para o curso 2023-24 tes que cubrir o formulario de inscrición que se atopa neste enlace.

Máis información na páxina web de SIF Servicios.