Estará operativo dende ás 7.45 horas ata que comecen as clases para alumnado de infantil e primaria.
Esta ano ofrécese tamén o almorzo para as familias que o precisen.
Podese descargar o impreso na web ou solicitado na secretaría do colexio.
A Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago, de O Pino, abre xa o prazo de inscrición para solicitar o servizo de Madrugadores que funcionará durante o vendeiro curso escolar 2019-20 no colexio público de Arca. As familias que o precisen para facilitar a conciliación poderán deixar aos seus fillos e fillas que cursen infantil e primaria dende as 7.45 horas. O vindeiro curso escolar tamén se ofrece o servizo de almorzo para aquelas familias que o precisen e o soliciten.
Para poder utilizar o servizo de Madrugadores, as familias deben ser socias da ANPA do CPI Camiño de Santiago e ter matriculados aos seus fillos e fillas no colexio público.
Madrugadores atenderá aos nenos e nenas dende as 7.45 horas ata as 9.30, cando comezan as clases. Ata que os nenos entren, deberán estar sempre acompañados dun adulto.
Madrugadores é un servizo que estará atendido por profesionais de SIF Servizos, que desenvolverán actividades acordes coa idade dos nenos e nenas.
As tarifas varían en función da modalidade de asistencia:
- Gardería: 30 €/mes
- Gardería con almorzo: 40 €/mes
- Días soltos gardería: 3 €
- Días soltos gardería e almorzo: 4 €
As familias que desexen utilizar o servizo de Madrugadores deberán cubrir a ficha de inscrición, que se pode descargar nesta web (tratase dun formulario interactivo que se pode cubrir por ordenador) ou solicitalo na secretaría do centro.
O regulamento do servizo de Madrugadores pódese consultar neste enlace.