Mañá, día 8 de marzo, celebramos o Día da Muller e dende a ANPA Camiño Santiago apoiamos as reivindicacións, mobilizacións e manifestos que se realicen para reivindicar os dereitos das mulleres. Desta forma, unímonos á causa e animamos a toda a cidadanía a que faga o mesmo. Queremos resaltar especialmente que a folga é un dereito superior, e o estudantado ten o mesmo dereito que calquera persoa traballadora a exercelo. Polo que instamos a todos os docentes a que non organicen exames, actividades especiais ou calquera outra acción que teña como resultado -pretendido ou non- forzar á asistencia a clase do alumnado este 8 de marzo.