Convócase a todos os pais e nais á Asemblea xeral ordinaria da ANPA do CPI Camiño de Santiago, que se vai celebrar no centro sociocultural Luis Seoane de Arca o vindeiro venres 28 de outubro de 2022, ás 19.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 20.00 horas, en segunda convocatoria, coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior, celebrada o 15 de xuño de 2022.
- Aprobación definitiva, se procede, dos Estatutos da Asociación.
- Actividades extraescolares do curso 2022-2023.
- Contas para o curso 2022-2023. Estado de ingresos e gastos.
- Normas de convivencia do centro e medidas correctoras contempladas.
- Informe da Xunta Directiva.
- Rogos e preguntas
A Xunta Directiva agradécelle a confirmación de asistencia a asamblea cubriendo o seguinte formulario: