A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago acabo de convocar Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro martes, 16 de outubro, a partir das sete e media da tarde , no Centro Sociocultural Luis Seoane de Arca.
Na reunión abordaranse dous puntos na orde do día. No primeiro a Xunta Directiva da ANPA presentar un informe sobre as actividades extraescolares que programou para este curso, así como as obras e as charlas da reválida, entre outras cuestión. O segundo punto, será o de rogos e preguntas, no que nais e pais poderán plantexar diferentes cuestións á directiva.
A convocatoria está dirixida a todas as nais e pais do alumnado do CPI Camiño de Santiago.