A Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago está a organizar unha festa de fin de curso, que se celebrará o sábado 17 de xuño dende as 10.00 ata as 14.00 horas, na que os inchables e A Gramola Gominola serán as protagonistas.

Con esta actividade, que se desenvolve en colaboración con Concello do Pino, a ANPA quere despedir o presente curso escolar con todos os membros da comunidade educativa. Dende primeira hora da mañá o alumnado poderá gozar cos inchables que a empresa Infantilandia colocará no recinto escolar.

A música desta festa correrá a cargo de A Gramola Gominola, que ofrecerá un concerto duns sesenta minutos de duración. As persoas que queiran aprender algunhas das cancións deste grupo poden escoitalas neste enlace. A ANPA invita a toda a comunidade educativa a participar nesta festa coa que, ademais de despedir o presente curso escolar, daráselle a benvida as vacacións de verán.