Os doce nenos e nenas que acoden a actividade de xadrez puideron estrear esta semana os 12 taboleiros que mercou a ANPA do CPI Camiño de Santiago coa subvención que lle concede o Concello do Pino. Ademais, a directiva da ANPA tamén mercou un ordenador portátil, con cargo á mesma achega.
Este xoves os 22 nenos e nenas que acoden a actividade extraescolar de xadrez, impartida polo campión galego Roberto Patiño, xa utilizaron os novos taboleiros que vén de mercar a Asociación de Nais e Pais de alumnos.