Con motivo da celebración o vindeiro domingo, 8 de marzo, do Día Internacional da Muller, dende a ANPA do CPI Camiño de Santiago apoiamos calquera mobilización que busque unha educación máis igualitaria, conscientes de que a igualdade de mañá depende, en grande medida, da educación que demos hoxe aos nosas fillas e fillos.
Queremos unha escola pública baseada nos valores da coeducación e igualdade en contra a violencia machista, que forme ás nosas fillas e fillos para construír unha sociedade mellor.
