A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do CPI Camiño de Santiago organizará o vindeiro venres 12 de xuño a tradicional festa de fin de curso, unha xornada pensada para que o alumnado e as súas familias celebren xuntos o remate do curso escolar nun ambiente festivo e de convivencia.
A actividade desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas no polideportivo de Reboredo e contará con numerosas propostas de lecer para os máis pequenos e pequenas, entre elas inchables, cócteles infantís, algodón de azucre e un obradoiro de globoflexia.
A iniciativa está organizada pola ANPA do CPI Camiño de Santiago e conta coa colaboración do Concello do Pino. Desde a organización animan a todas as familias do centro a participar nesta celebración para despedir o curso compartindo unha tarde chea de diversión.
