A ANPA do CPI Camiño de Santiago organiza unha chala informativa orientada aos país e ás nais sobre A miopía nos nenos. A cita é o luns 5 de febreiro ás 16.45 horas na Casa de Cultura do Concello de O Pino .

A Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela promove unha campaña centrada na saúde visual da cativada debido ao repunte dos casos de  miopía, e dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas sumámonos ao obxectivo de concienciar dos riscos e informar dos medios para reducir a súa progresión.

Neste encontro tamén se indicarán os recursos que a propia USC pon a disposición da poboación, sen custo para o paciente. Entre as opcións que inclúe a Campaña de Control de Miopía está a gratuidade durante dous anos de lentes de contacto de control da miopía, os líquidos de mantemento e as revisións visuais periódicas para cada neno ou nena que participe.

A charla ten unha duración aproximada de 30 minutos.

Podes solicitar máis información no email controlmiopiausc@gmail.com