A ANPA do CPI Camiño de Santiago, coa colaboración do Concello de O Pino, organiza unha excursión ao parque Marcelle Natureza (Outeiro de Rei, Lugo) o vindeiro domingo 4 de xuño á que poderán acudir o alumnado acompañado polos pais e nais que o desexen. 

As familias que estean interesadas en participar nesta actividade deberán cubrir o formulario que se atopa ao final desta nova. A saída do autobús está prevista ás 09.30 horas do 4 de xuño, e fará o regreso unha vez peche o parque, ás 18.30 horas. A duración do viaxe é de unha hora, aproximadamente.

A entrada ao parque custa 14 euros para os menores e 16 euros para persoas adultas. Este prezo inclúe a entrada ao parque, visita a zona de serva de lobos, servizo de monitores, reserva de merendeiros, tiro con arco e teatro con marionetas.

A ANPA financiará unha parte do custo desta excursión. A contía que aportará a ANPA establecerase unha vez se coñeza definitivamente o número de persoas interesadas en participar nesta actividade. Para organizar esta actividade, a ANPA conta coa colaboración do Concello de O Pino.

A directiva da ANPA tivo que cambiar a data prevista inicialmente desta excursión e fixala para o domingo 4 de xuño por causas alleas a súa vontade. 

Para participar na excursión cubre o seguinte formulario: