A ANPA do CPI Camiño de Santiago manifesta o seu rexeitamento ás probas da reválida de 3º de Primaria que se van celebrar no nos centro os días 23 e 24 de maio, por consideralas unhas probas impostas que pretenden avaliar, de xeito externo e sen contar co profesorado do noso centro, as competencias dos nosos nenos e nenas. Unha postura que compartidos coa Confederación de ANPAS Galegas
No documento que podedes encontrar neste enlace aparece recollida que son as reválidas de terceiro, o artigo da LOMCE que as establece así como o decreto da Xunta e a resolución pola que se aplica na nosa comunidade autónoma. Tamén se recollen os motivos polos cales A Confederación de ANPAS Galegas (da que formamos parte) nos amosamos en contra das reválidas da LOMCE.
A asemblea da ANPA do CPI Camiño de Santiago, celebrada onte no centro sociocultural Luis Seoane, aproboou manifestar o noso rexeitamento á celebración das reválidas da LOMCE, e trasladar esta posición a todas as familias do alumnado do colexio.
Neste outro documento da Confederación de ANPAS podes atopar os argumentos cos que “desmontar as reválidas da LOMCE”.
Poñemos tamén a disposición de todas as familias un documento para xusitificar a ausencia dos seus fillos e fillas ao colexio os días que se celebren as reválidas. Podedes descargalo neste enlace.