A directiva da ANPA entregoulle esta tarde ao equipo directivo do CPI Camiño de Santiago máis de 1.136 máscaras reutilizables de neopreno e 77 pantallas que foron mercadas polo Concello de O Pino para colaborar coas familias do alumnado. O equipo directivo do CPI distribuirá mañá estes equipos de protección entre todos os alumnos e alumnas do colexio.

Cada neno e nena de Primaria e da ESO recibirá un neceser que contén dentro 4 máscaras reutilizables de neopreno, feitas de tecido hidrófugo, antibacteriano e transpirable; e un bote de xel hidroalcohólico que se pode volver a encher. As máscaras soportan ata 25 lavados. Os nenos e nenas de Educación Infantil, e os da escola unitaria de Gonzar, recibirán pantallas protectoras.

A xunta directiva da ANPA solicitáralle axuda ao Concello o pasado 28 de setembro para poder facilitar equipos de protección ao alumnado. Hoxe, a súa presidenta, Ángeles Furelos agradeceu “as xestión realizadas polo Concello e o esforzo para axudar ás familias”. No acto de entrega do material estivo acompañada polo vogal Miguel Bascoy.

O alcalde, Manuel Taboada, sinalou que o Concello fixo un investimento duns 9.000 euros para mercar estas máscaras. “A finalidade é axudar economicamente ás familias cun gastos que teñen que facer a diario. Con estas 4 máscaras reutilizables, cada alumno pode esta protexido un mínimo duns 100 días lectivos, o que representa máis da metade do curso escolar”. Taboada estivo acompañado pola concelleira de Educación e Cultura, Eva Varela.