A ANPA do CPI Camiño de Santiago xa rematou os trámites para abrir unha conta corrente na oficina de Abanca de Arca. A partir de agora, tanto os recibos de socios como os das actividades que organice a asociación tramitaranse nesta conta.
O IBAN da nova conta da ANPA do CPI Camiño de Santiago é estes: ES98 2080 0337 1030 4001 0728
Nesta conta bancaria deberase ingresar o importe correspondente a cuota de socios. Dende a directiva da ANPA recórdanlle a todas as familias con nenos e nenas escolarizadas no CPI Camiño de Santiago que o prazo para facerse socio remata o 31 deste mes de outubro.
O formulario para darse de alta ou renovar a cota de socio pódese descargar dende a sección de impresos desta web, ou a través deste enlace (preme aquí)
Mércores, 13 de outubro de 2021
A ANPA do CPI Camiño de Santiago informa a todas as familias que a asociación abriu unha conta bancaria na oficina de Abanca de Arca, e agarda ter mañá xa o número de IBAN, despois de completar os últimos trámites solicitados polo banco.
A Asociación pechou hoxe a conta que tiña no Banco Sabadell, tal como se acordou na asemblea celebrada o 24 de setembro en resposta ao peche da oficina de Arca desta entidade.
A directiva da ANPA agarda poder dispoñer xa mañá mesmo da IBAN na nova conta en Abanca. En canto dende a entidade faciliten este número de conta informarase a todas as familias, para facilitar a inscrición de socios da Asociación, xa que o prazo remata o 31 de outubro.