As aulas do CPI Camiño de Santiago volveron hoxe encherse de actividade co comezo do curso escolar, no que a Asociación de Nais e Pais estrea tamén nova xunta directiva, formada por sete mulleres e presidida por Lorena Salvado Carril.

Co inicio do novo curso, a xunta directiva anima as familias a facerse socias da ANPA e a colaborar nas actividades que se van organizar durante os vindeiros meses. As familias asociadas contarán con descontos, como é o caso da matrícula gratuíta no servizo de Madrugadores. 

Para facerse socias, as persoas interesadas poden cubrir o formulario que se atopa na web, neste enlace. A cota é de 20 euros ao ano e para beneficiarte das vantaxes que conleva ser socio da ANPA tes que pagar a cota antes do 31 de outubro.  Lorena Salvado lembra que a “implicación das familias e de toda a comunidade é fundamental para mellorar a educación dos nosos fillos e fillas”.

Servizo de Madrugadores

A directiva da ANPA  informa que a empresa SIF Servicios xa abriu o prazo de inscrición no servizo de Madrugadores, que se prestará dende as 7.30 horas ata o comezo das clases para facilitar a conciliación familiar.

A Madrugadores poden asistir todos os rapaces e rapazas de Infantil e Primaria, escolarizados no CPI Camiño de Santiago. O prezo da matrícula para este servizo é de 25 euros por curso e será gratuíta para familias asociadas á ANPA

ficha de inscrición para anotarse ao servizo Madrugadores pódese descargar neste enlace

regulamento de Madrugadores pódese consultar neste enlace.As persoas interesadas en obter máis información poden poñerse en contacto directamente coa empresa no teléfono 677 555 748 (Begoña).