Ligazóns rápidas:

Formulario de inscrición nas actividadesFormulario de inscrición sociosInformación completa en PDF

Na nova proposta inclúese, por petición de varios pais e nais, os cursos aos que van dirixidas algunhas actividades. Tamén engadimos un apartado neste documento que trata de dar resposta as dúbidas máis comúns coas actividades da ANPA (de pago).

O formulario en liña para a matrícula nas actividades foi substituído por outro novo, que permite seleccionar a preferencia das actividades por día da semana, polo que todas aquelas familias que cubrisen o formulario antigo deberán de cubrir novamente o novo formulario para poder ten en conta as novas actividades e os novos parámetros.

Como consecuencia destas modificacións amplíase o prazo de matrícula ata o día 21 de setembro.

Con todos estes cambios tratamos de dar resposta ás suxestións recibidas por parte de todos os membros da comunidade educativa. Sentimos as molestias que estes cambios poidan provocar nas familias.

A nova proposta de actividades con toda a información relativa á matrícula, prezos e prazos pódese atopar no PDF que se descarga neste enlace

Para anotarse ás actividades, as familias teñen que cubrir o formulario en liña que figura ao final desta nova. Tamén se pode acceder a el nesta ligazón.

As familias que queiran darse de alta como socios da ANPA teñen dispoñible un formulario online nesta ligazón.

Para inscribirte cubre o formulario que está a continuación, que inclúe a posibilidade de anotar ata tres fillos.