A ANPA Camiño de Santiago organiza o vindeiro sábado 22 de febrero unha Festa de Disfraces dirixida a todo o alumnado e ás súas familias para celebrar o entroido. Dende as 17.00 ata as 20.00 horas haberá numerosas actividades no polideportivo de Arca para que todos os asistentes pasen unha tarde divertida.

Discoteca infantil, inchables, circuíto de habilidades, obradoiros infantís de broches ou chapas e moitas máis actividades servirán para que nenas e nenos, e tamén os seus pais, nais e familiares poidan gozar durante toda a tarde. Só se pide acudir disfrazados para celebrar o entroido. E para repoñer forzas, haberá chocolate con churros e degustación de filloas.

Dende a ANPA solicitamos ás familias que nos indiquen o número de menores de idade e de adultos que prevén asistir a Festa de Disfraces, para facilitar a organización das actividades. Para indicar os asistentes, entregar este papel cuberto na secretaria do colexio antes do 18 de febreiro.

Nº de nenos/as ……………………….                     Nº de adultos …………………………..

Nome dos nenos/as:

Nome das pessoas adultas: