A ANPA do CPI Camiño de Santiago vai celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero organizando unhas xornadas virtuais para promover a igualdade e previr a violencia de xénero. Extas xornadas celebraranse os días 26, 27 e 30 de novembro en colaboración con SIF Servicios.

As actividades poderán seguirse por videoconferencia e será preciso inscribirse previamente no teléfono 677 555 748 ou enviando un correo electrónico a info@sirfservicios.com para recibir o enlace necesario para conectarse.

Os días 26, 27 e 30, dirixido a nais e fillas, organízanse Estratexias de autodefensa para o empoderamento feminino. As persoas interesadas deberán solicitar o enlace de acceso a través do teléfono ou mail indicado.

Son, non elixo ser. Educación afectivo sexual e de xénero e o título da actividade prevista para o venres 27 ás 18.00 horas e que está dirixida a familias.

O vindeiro luns, 30 de novembro, será a quenda do alumnado de Primaria mediante conexións en directo. Ás 9.30 horas está programada a dinámica dirixida ao alumnado de 3º e 4º. As 12.30 horas será a quenda do alumnado de 5º e 6º. Durante toda a xornada ao alumnado de Infantil e de 1º e 2º de Primaria entregaráselle material didáctico.

Esta actividade está subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Mnisterio de Igualdade.