Hoxe, mércores, comeza o novo curso escolar 2018-2019 no CPI Camiño de Santiago, e con el, a Asociación de Nais e Pais do centro presenta a todo o alumnado unha ampla oferta de actividades extraescolares para completar a súa formación. O último día para entregar no colexio os formularios coa elección de cada familia remata o vindeiro 21 de setembro. Nesta mesma páxina web pódense descargar tanto os formulario de Infantil e Primaria como os horarios con toda a proposta da Asociación, que se suma a que fai o propio CPI Camiño de Santiago e máis o Concello de O Pino.

Robótica foi, o pasado curso escolar, a actividade promovida pola ANPA que tivo unha maior aceptación entre o alumnado. Nenos e nenas tamén poderán durante este curso desenvolver habilidades e competencias, de xeito lúdico, para construír o seu propio robot.

As novidades que se presentan este ano na proposta da ANPA inclúe o inglés de apoio, a mecanografía e informática e zumba para todo o alumnado de Primaria. O teatro vólvese a incluír entre as diferentes propostas tanto en Infantil como en Primaria.

Ballet, artes plásticas, técnicas de estudo, obradoiro de cociña e karate continúan entre as actividades que nenas e nenos poderán practicar os luns, mércores, xoves e venres de 15.30 a 16.30 horas.

Na sección de Impresos desta web pódese consultar tanto os horarios propostos para cada actividade, como descargar e cubrir os impresos de reserva de praza tanto para o alumnado de Infantil como para o de Primaria.

Respecto aos prezos, a ANPA mantén en 10 euros ao mes a primeira actividade e 7 euros a segunda para os socios das ANPA, agás no caso de robótica (serán 15 euros) e inglés de apoio (20 euros). No caso de elixir robótica ou inglés de apio, estas serán consideradas sempre como primeira actividade. As familias que non sexan socias deben aboar 20 euros mensuais pola primeira actividade (25 euros no caso de inglés de apoio). A cota pódese pagar nun so prazo (antes do 30 de novembro) ou trimestralmente (antes do 9 de novembro, marzo e maio).

As familias que se queiran facer socias da ANPA deberán cubrir o impreso que se atopa nesta mesma web (preme neste enlace). A cota, de 15 euros anuais, deberase pagar antes do 31 de outubro para ter dereito aos descontos.

Todos os impresos pódense cubrir en ordenador antes de imprimilos para asinalos manualmente ou, se é o caso, firmalos dixitalmente e envialos por correo electrónico á dirección da ANPA: contacto@anpacaminosantiago.es.