A ANPA do CPI Camiño de Santiago reduce as cotas do servizo de madrugadores a partir do vindeiro luns, 9 de xaneiro, día que se retoman as clases tras as vacacións de Nadal.
Os novos prezos que aplicará a ANPA establecen unha cota mensual de 10 euros para os nenos e nenas pola modalidade sen almorzo, e 15 euros mensuais con almorzo.
A asistencia por días soltos pasará a custar 1 euro sen almorzo e 1,50 euros con almorzo.
Estas tarifas estarán en vigor para o que queda de curso 2022-2023.
Ao servizo de Madrugadores poden acudir todos os nenos e nenas matriculados en Infantil e Primaria do CPI Camiño de Santiago. Os socios da ANPA están exentos de pagar a matrícula, establecida en 25 euros por curso.As xestións realizadas pola Xunta Directiva permitíronlle a ANPA acceder a axudas que permiten reducir as tarifas no servizo de Madrugadoras ata rematar o presente curso escolar no mes de xuño.