O Concello de O Pino reafirma o seu compromiso coa educación e a cultura locais coa concesión dunha subvención de 7.350 euros á Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CPI Camiño de Santiago.
Grazas a este apoio económico, a ANPA poderá continuar co seu traballo que inclúe iniciativas esenciais para as familias como a financiación de actividades extraescolares, o funcionamento do servizo de madrugadores ou mantemento da nosa páxina web.
Apoio extra aos estudantes de 4º de ESO
Grazas a boa xestión económica da ANPA ao longo deste ano, ofrecemos un apoio adicional aos nosos estudantes de 4º de ESO.
Ademais da subvención de 1.200 euros que proporciona o Concello para a excursión de fin de curso, a ANPA contribúe cunha partida de 300 euros máis, o que permite que esta actividade tan esperada sexa unha realidade.
Este esforzo reflicte o noso compromiso de proporcionar experiencias educativas enriquecedoras, algo que non foi posible en anos anteriores por motivos económicos.
Compromiso continuado coa comunidade educativa
A ANPA do CPI Camiño de Santiago é unha asociación sen ánimo de lucro que, grazas á colaboración co Concello de O Pino, traballa incansablemente para mellorar a vida escolar e comunitaria.
O obxectivo é crear un entorno educativo dinámico e de calidade con propostas que van dende a organización de actividades culturais e formativas ata o apoio directo ás familias.
Agradecemento ás familias socias
Dende a Xunta Directiva reiteramos o noso profundo agradecemento a todas as familias socias da ANPA. A vosa contribución é fundamental para que poidamos seguir realizando todas estas actividades.
Tamén animamos a todas as familias que aínda non son socias a que se unan a nós ou renoven a súa adhesión para o próximo curso. Xuntos, podemos continuar a mellorar a experiencia educativa dos nosos fillos e fillas.Agradecemos ao Concello de O Pino a oportunidade e ratificamos o noso compromiso de traballar con enerxía e dedicación para que todos estes recursos se traduzan en actividades significativas para os nosos estudantes e para a súa formación integral.