A Confederación de Anpas Galegas, á que pertence a Anpa do CEIP Camiño de Santiago do Pino, convoca o I Concurso audiovisual Anpas Galegas-Somos Rural, dirixido a todo o alumnado dos centros educativos galegos. O certame ten por finalidade  poñer en valor o patrimonio cultural e paisaxístico do rural galego.

O eixo central do concurso será a realización dun vídeo de entre 1 e 3 minutos, que versará sobre calquera aspecto do patrimonio material ou inmaterial do rural galego, que a equipa participante desexe valorar, preservar e difundir. Este vídeo deberá ir acompañado de 8 a 10 fotografías relacionada coa temática, así como dun cartel promocional e unha memoria explicativa.

O concurso está dirixido a equipas de alumnado de centros de ensino público das etapas de infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP básica ou FP de grao medio de Galicia, conducidas por unha persoa docente responsable do proxecto.

Para participar no concurso é preciso inscribirse previamente. O prazo de preinscrición remata o 28 de febreiro. As persoas participantes terán ata o 15 de abril para entregar o proxecto completo.

Dende a Anpa do CEIP Camiño de Santiago convídase á comunidade educativa do Pino a participar neste concurso.

Para máis información e formulario de participación, as persoas interesadas poden consultar da Confederación de Anpas Galegas premendo nesta ligazón: 

https://somosrural.anpasgalegas.gal/concurso/