A Confederación de ANPAS Galegas, da que formamos parte a ANPA do CPI Camiño de Santiago, mantivo o pasado 23 de abril unha reunión na Consellería de Educación xunto a máis representantes da comunidade educativa. Na reunión, a Consellería sinalou que o curso rematará o 19 de xuño e que neste trimestre só se pode traballar, e avaliar, sobre a materia impartida nos dous primeiros trimestres do curso. E dicir, non se pode avaliar sobre contidos avanzados.
A volta ás aulas dependerá só das autoridades sanitarias e o curso próximo, no primeiro trimestre, haberá que superar este último trimestre.
Salvo indicación en contra das autoridades sanitarias, as ABAU (probas de acceso á universidade) mantéñense nas datas prevista: 7, 8 e 9 de xullo, e as probas faranse de tal xeito que todo o alumnado, independentemente do currículo impartido, poida completar o exame e chegar á máxima nota. Sacarán xa mesmo unhas instrucións moi concretas.
O resumo íntegro da reunión feito pola Confederación de ANPAS Galegas neste enlace (pincha aquí).