A Xunta Directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago convoca Asemblea Xeral ordinaria da Asociación de Nais e Pais do CPI do Camiño de Santiago que se vai celebrar no auditorio do centro sociocultural Luís Seoane o vindeiro 15 de xuño de 2023 ás 19.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte

Orde do día

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior (28 de outubro de 2022)
  2. Comunicación e documentación do colexio.
  3. Informe da Xunta directiva
  4. Aprobación das contas 2022
  5. Aprobación do orzamento xeral do ano 2023
  6. Actividades extraescolares
  7. Aprobación de estatutos (despois de ter realizadas as correccións propostas pola Federación de ANPAs)
  8. Modificación da xunta directiva
  9. Rogos e preguntas

Dende a Xunta Directiva animamos a todas as familias a participar na Asemblea e a formar parte do órgano de goberno da asociación, xa que a colaboración e o compromiso dos pais e nais na xunta directiva son fundamentais para o bo funcionamento da nosa asociación e para asegurar que se sigan desenvolvendo actividades en beneficio dos nosos fillos e fillas.