A Xunta Directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago convoca Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais do CPI do Camiño de Santiago que se vai celebrar no auditorio do Centro Sociocultural Luís Seoane o vindeiro 18 de abril de 2024 ás 16.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 17.00 horas en segunda convocatoria. Durante a reunión, haberá un servizo de gardería dende ás 16.30 horas ata o final da reunión. A Asemblea contará coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior (28 de novembro de 2023)
  2. Dimisión e elección de novos membros da Diretiva e representante no Consello Escolar
    • Información sobre a dimisión actual dun membro da ANPA
    • Presentación de candidaturas e elección de novo membro para substitución
    • Comunicación sobre a futura non continuidade do presidente, secretaria e tesoureiro no seguinte curso e convocatoria a interesados en ocupar estes cargos
  3. Rogos e preguntas

Servizo de gardería

Para facilitar a asistencia á Asamblea, a Xunta Directiva ofrecerá un servizo de gardería gratuíto para os nenos e nenas das familias socias da ANPA a partir das 16.30 horas e ata o final da reunión.

Para poder organizar o servizo de xeito adecuado solicítase ás familias que confirmen a asistencias dos seus fillos e fillas ao servizo de gardería cumplimentando o seguinte formulario de Google antes de que remate o 17 de abril.