O vindeiro luns, 8 de setembro, comezan de novo as clases no CPI Camiño de Santiago. Para facilitar a conciliación, a xunta directiva da Asociación de Nais e Pais informa que xa está aberto o período de inscrición no servizo de Madrugadores, para facilitar a conciliación e tamén para facerse socios da ANPA.

 A presidenta da ANPA, Ángela Cajaraville, anima as familias a asociarse e colaborar nas actividades que se van organizar durante o curso escolar 2025-2026. As familias asociadas contarán con descontos, como é ocaso da matrícula gratuíta no servizo de Madrugadores.

Para facerse socias, as persoas interesadas poden cubrir o formulario que se atopa na web, neste enlace. A cota é de 20 euros ao ano e o prazo para asociarse remata o 31 de outubro. Ángela Cajaraville lembra que “para mellorar a educación dos nosos fillos e fillas precisase da implicación das familias e de toda a comunidade educativa”.

Servizo de Madrugadores

A directiva da ANPA  informa que a empresa SIF Servicios xa abriu o prazo de inscrición no servizo de Madrugadores, que se prestará dende as 7.30 horas ata o comezo das clases para facilitar a conciliación familiar.

A ANPA conta coa colaboración do Concello do Pino para desenvolver esta iniciativa.

A Madrugadores poden asistir todos os rapaces e rapazas de Infantil e Primaria, escolarizados no CPI Camiño de Santiago. O prezo da matrícula para este servizo é de 25 euros por curso e será gratuíta para familias asociadas á ANPA

A ficha de inscrición para anotarse ao servizo Madrugadores pódese descargar neste enlace

O regulamento de Madrugadores pódese consultar neste enlace.

Como se recolle no regulamento hai tres modalidades de asistencia ao servizo de madrugadores, que son os seguintes:

  • Gardería mes completo: 40 euros (medio mes, 20 euros)
  • Gardería e almorzo mes completo: 50 euros (medio mes, 25 euros)
  • Días soltos á gardería (4 euros) ou a gardería e almorzo (5 euros).

O segundo irmá terá un 10% de desconto. As persoas interesadas en obter máis información poden poñerse en contacto directamente coa empresa no teléfono 677 555 748 (Begoña).

Podes asociarte a ANPA cubrindo o seguinte formulario