A Xunta Directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago vén de remitirlle unha carta a todas as familias, agradecéndolle o traballo realizado a todas as persoas que colaboraron no comedor escolar nos últimos anos, e animándo a toda a comunidade educativa a seguir colaborando nesta importante labor dentro do centro.

A carta reproduce íntegramente a continuación.

Estimadas familias:

O motivo desta carta é manifestar o noso agradecemento polo traballo que dende hai xa anos veñen desenvolvendo as nais, pais e demais colaboradores do comedor escolar do C.P.I. Camiño de Santiago.

Co seu bo facer, conseguen que as nosas crianzas se atopen nun entorno familiar. Están pendentes de cada pequeno detalle, o que supón que as familias teñamos plena confianza en que as/os nosas/os fillos/as están nas mellores mans.

Agradecemos tamén aos membros do claustro, encabezados por Bea, a súa labor ao fronte do noso comedor de xestión directa e o bo trato que ten coas persoas colaboradoras.

Para rematar, animamos ás nais, pais e titores legais do alumnado do centro que poidan conciliar a colaboración no comedor coa vida familiar e laboral, a que colaboren no comedor para o vindeiro curso, pois o comedor escolar dun centro é unha parte fundamental para o bo funcionamento do mesmo e supón un servizo imprescindible para as familias.

ANPA C.P.I. Camiño de Santiago