A Xunta Directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago decidiu crear unha lista de difusión por WhatsApp con todas as familias asociadas para facilitar a comunicación con todas elas. Para recibir as mensaxes desta lista de difusión é preciso gardar na axenda do teléfono o número móbil da ANPA, que é o 692 205 776.

Con esta iniciativa, dende a Directiva da ANPA preténdese incrementar a comunicación con todas as familias asociada, enviando unha soa mensaxes a todos os membros do grupo. Estes recibirán a mensaxe como se fose privada, e tamén poderán interactuar coa directiva, sabendo que a súa mensaxe será privada (non a verán os demais membros da lista).

A ANPA xa ten creada a lista de difusión, pero as súas mensaxes só chegan a aquelas familias que teñen gardado na axenda do seu teléfono o número móbil da ANPA (692 205 776). Dende a directiva animan a todas as familias a gardar o número da ANPA para poder recibir estas mensaxes.