O Concello do Pino organiza para o mércores día 30 de novembro no centro sociocultural Luis Seoane unha charla-coloquio sobre submisión química e a lei de liberdade sexual impartido or unha traballadora social do Movemento pola Paz. Durante esta darase a coñecer a submisión química, así como os seus efectos e como responder ante un caso de agresión sexual, roubo, extorsión ou maltrato sufridos baixo a influencia de drogas ou substancias psicotrópicas.
Un segundo bloque consistirá en falar das cuestións máis destacables da Lei orgánica de garantía integral da liberdade sexual, que entrou en vigor o pasado setembro.
Esta charla vai dirixida tanto a pais e nais como a mozos e mozas, con entrada libre ata completar o aforo.