A Consellería de Educación e o Ministerio de Educación convocan becas e axudas para a adquisición de material escolar e para o alumnado con necesidades específica de apoio educativo.

Becas da Xunta

No caso da Xunta, a Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de txto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial e ncentros docentes sostidos con fondos públicos. As axudas convocadas son:

Fondo solidario de libros de texto do alumano matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de primaria e en educación especial.

Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matmriculado en primaria, ESO e Educación Especial.

prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de 2021.

As solicitudes poden tramitarse dende https://sede.xunta.es co procedemento ED330B.

Máis información en https://www.edu.xunta.es/fondolibros e no DOG do 18 de maio de 2022 

Becas do Ministerio

As becas do Ministerio de Educación para o curso 2022-2023 están dirixidas a persoas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha discapacidade, trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

Estas axudas poden soslicitarse para educación infantil, primaria,  ESO, bacharelato, ciclos formativos de grado medio ou superior, ensinanzas artísticas profesionais, formación profesional de grado básico, programas de formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de FP.

prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2022.

As solicitudes deben tramitarse a través da sede electrónica do Minsiterio de Educación e Formación Profesional.

Tes máis información neste enlace (preme aquí)