A Xunta de Galicia abriu xa o prazo para solicitar as axudas destinadas á compra de libros e material escolar de cara ao curso 2021/22. Estas achegas van dixiridas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que se atope matriculado en centros galegos sostidos con fondos públicos.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por sede electrónica co código de procedemento ED33B e, de xeito excepcional, de forma presencial no propio centro escolar. O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de xuño.
As bases da convocatoria foron publicadas no DOG do 20 de maio. As instrucións do procedemento e a documentación que hai que presentar, pode consultarse na sede electrónica da Xunta. Tamén se poden descargar os distintos formularios que hai que cubrir no caso de que se opte pola presentación presencial.