Dende hoxe e durante todo o mes de xullo, as familias poden solicitar praza/s para o emprego do comedor escolar de cara ao vindeiro curso. O prezo oscilará entre a gratuidade e os 4,50 euros por día de servizo dependendo do nivel de renda.
O formulario de solicitude pode recollerse na secretaría do CPI Camiño de Santiago en horario de atención ao público (de 10:00 a 12:30 horas) ou pode descargarse picando nesta ligazón.