Mañá xoves, 10 de setembro, comeza un curso escolar atípico para o alumnado de Infantil e Primaria, que empezarán as clases de xeito escalonado, con horarios e portas de acceso diferentes para cada curso, coa finalidade de cumprir a normativa da covid-19. O alumnado de ESO volverá as aulas a vindeira semana. O uso de máscaras será obrigatorio a partir dos 6 anos. Os días de incorporación

O alumnado de 4º e 5º de Infantil, e de 1º, 2º e 3º de Primaria empeza mañá10 de setembro. O venres, día 11, comezará as clases o alumnado de 6º de Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria.  Mañá, o alumnado que use transporte escolar entrará polo portal grande, e subirá de xeito ordeado a súa aula, segundo recollen as normas de organización e funcionamento do centro ditadas pola Consellería de Educación que se poden consultar no documento adxunto (preme aquí). O alumnado de Educación Infantil que non use transporte entrará pola porta pequena pola que se accede ao patio, en horario de 9.15 a 9.30 horas. O alumnado de Primaria que non use transporte deberá entrar pola porta principal de 9.15 a 9.30 horas.

O curso para o alumnado de 1º e 2º de ESO comeza o 16 de setembro, e, para os de 3º e 4º, o día 17. Todo o alumnado entrará polo portal grande de 8.15 a 8.30 horas.

Para máis información pódese consultar a web do CPI Camiño de Santiago (preme aquí), así como a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (preme aquí) sobre a incorporación gradual do alumnado. O resumo das normas de organización e funcionamento do colexio, en relación á covid-19 ditadas pola Consellería de Educación figuran no documento adxunto (preme aquí)

Folga de profesorado

Para mañá, día 10, está convocada unha folga de profesorado reclamando un regreso seguro ás aulas. Tanto a ANPA do CPI Camiño de Santiago, como a Confederación de ANPAS Galegas apoian esta folga.

A Consellería de Educación ditou unha instrución que garante a presenza de un profesor por aula durante a xornada de mañá, primeiro día de curso.

Só servizo de Madrugadores

O servizo de Madrugadoras, que presta a empresa SIF Servicios, será o único que funcione durante o presente curso escolar 2020-2021. 

Como recordamos o pasado mes de xullo dende a web da ANPA (preme aquí),  SIF Servicios xa abriu o prazo de inscrición para que as familias interesadas poidan anotarse no servizo Madrugadores. Os método de contacto para as familias interesadas son chamar ao teléfono 677 555 748 ou enviando un correo electrónico ao enderezo madrugadores@sifservicios.com

Non haberá actividades extraescolares

Dende a ANPA do CPI Camiño de Santiago infórmase ás familias que debido aos protocolos derivados da covid-19, este ano non se van a organizar actividade extraescolares no CPI Camiño de Santiago.