A Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago vén de renovar parcialmente a xunta directiva, na que Ángela Cajaraville Salgado asume a presidencia da ANPA, substituíndo no cargo a Lorena Salvado Carril. 

No resto de cargos continúan as mesmas integrantes, con María Dolores Couces Bellas, como secretaria; Ana María Pampín Rey, como tesoureira, e as vogais Mónica Barcia Montero  e Sara Suárez Fernández.

O cambio na presidencia da Asociación de Nais e Pais do CPI Camino de Santiago foi aprobado na Asemblea Xeral celebrada o día 1 de abril de 2025.