A Asociación de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas do CPI Camiño de Santiago aprobou na última Asemblea a modificación dos Estatutos da Asociación, adaptados ás leis orgánicas 8/1985 de Dereito á Educación e á 1/2002 do Dereito de Asociación.

Na redacción dos novos Estatutos inclúense algunhas das propostas aprobadas na Asemblea. Entre os principais cambios introducidos nos novos Estatutos figura o que o alumnado maior de 14 anos pode ser membro da entidade con permiso paterno, dentro da categoría de socio xuvenil, con dereito a voz e sen voto nas asembleas.

Tamén se introduce un capítulo para establecer como serán os procedementos electorais para renovar os órganos de goberno e establecede que as candidaturas á Xunta Directiva deberán presentarse agrupadas en listas integradas por un mínimo de seis e un máximo de once persoas socias de número.Os novos Estatutos da ANPA do CPI Camiño de Santiago pódense ver no seguinte enlace ou no apartado de transparencia da sección dedicada á ANPA desta web.