O CPI Camiño de Santiago de Arca vai proceder a vindeira semana a pechar a avaliación do segundo trimestre deste curso, que terá en conta só os contidos impartidos ata o pasado 16 de marzo, día que a Xunta pechou os centros educativos pola declaración do estado de alarma. Para coñecer as notas, as famiias deberán ter instaladas no seu móbil a app AbalarMobil o vindeiro venres, 3 de abril. Esta aplicación pódese descargar nos seguintes enlaces:
- Google Play: (Preme aquí)
- Apple Store: (Preme aquí)
- Información na web da Xunta: (Preme aquí)
- Guía de acceso a AbalarMobil: Neste enlace
O pasado venres, a Consellería de Educación, Universidade e F.P fixo pública unha instrución sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre.
Dende o CPI Camiño de Santiago remiteuse ás familias a seguinte nota informativa:
A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederemos na vindeira semana a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre.
Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.
Dada esta situación é necesario que todas as familias teñan a disposición nos seus teléfonos móbiles a app AbalarMobil, para poder recibir as cualificacións do alumnado.
As cualificacións serán publicadas o venres día 3 de abril.
No seguinte enlace deixamos unha guía de acceso e manexo do AbalarMobil.
Ante calquera incidencia poden contactar con centro por correo electrónico (cpi.camino.santiago@edu.xunta.es) ou por teléfono, nos números 881 867 011 e 608 661 240. a página web do colexio pódese ver neste enlace.
Novas ferramentas no Espazo Abalar
Esta semana, a Xunta incrementou as ferramentas que están a disposición do profesorado, alumnado e familias no espazoAbalar e que se poden consultar neste enlace. Neste portal, segundo informa a Xunta, recóllense os principais servizos dixitais educativos que están a disposición da comunidade educativa para organizar o seu traballo: páxinas web dos centros en Webs dinámicas, aulas virtuais, app de comunicación abalarMóbil para familias, servizo de comunicación espazoAbalar para profesorado e centros, servizo de videoconferencia, ferramenta de portfolio Agueiro, rede social do profesorado Redeiras, libro dixital E-Dixgal, e Escolas Na Nube.