As familias gozaron este sábado 9 de novembro coa festa do Samaín que organizou a ANPA do CPI Camiño de Santiago no polideportivo de Reboredo e que contou coa presenza dun castañeiro para que ninguén se quedase sen probar un dos froitos típicos do outono en Galicia.
As persoas asistentes quixeron levarse un recordo con imaxes no photocall, e participando nos talleres de pinta-caras, globoflexia ou contacontos.
Non faltou a música e un escape room para familias nunha tarde moi divertida.
A ANPA contou coa colaboración do Concello do Pino para organizar esta actividade.