Convócase a todos os pais e nais á Asemblea xeral extraordinaria da ANPA do CPI Camiño de Santiago, que se vai celebrar no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane mañá xoves, 26 de maio de 2022, ás 19.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 20.00 horas, en segunda convocatoria, cun único punto na orde do día

1. Información sobre o escrito presentado por algunhas familias sobre a modificación do horario de saída do transporte escolar e sobre as xestións realizadas pola ANPA en relación ao mesmo. 

Debido á preocupación que este tema provoca ás familias, e tendo en conta a enquisa que as familias do alumnado transportado acabamos de recibir, consideramos necesario tratar este tema de maneira urxente e informar das xestións levadas a cabo pola xunta directiva da asociación.