Convócase a todos os país e nais á Asemblea xeral ordinaria da ANPA do CPI Camiño de Santiago que se vai celebrar no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane o vindeiro mércores, 15 de xuño, ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte
Orde do día:
- Lectura e aprobación das actas das asembleas extraordinarias anteriores (13 de decembro e 26 de maio)
- Aprobación das contas do ano 2021
- Aprobación do orzamento xeral do ano 2022
- Modificación dos estatutos da asociación
- Informe da Xunta Directiva.
- Funcionamento das canles de comunicación da Asociación coas familias (whatsapp, correo electrónico, páxina web).
- Información sobre o horario de saída do transporte escolar para o vindeiro curso.
- Actividades extraescolares para o vindeiro curso 2022-2023 (propostas recollidas).
- Rogos e preguntas