A ANPA Camiño de Santiago organiza unha charla informativa sobre as reválidas, que terá lugar o luns 5 de novembro ás 20:00 horas no centro sociocultural Luis Seoane en Arca (O Pino).

A charla está dirixida a todas as nais e pais do alumnado do CPI Camiño de Santiago. Será impartida por Fernando Lacaci, vicepresidente da Confederación de ANPAS Galegas e presidente da FANPA Compostela (Federación de Asociacións de Nais e Pais dos centros públicos de Compostela e comarca).

As avaliacións de etapa, coñecidas desde a aprobación da LOMCE como reválidas, foron un dos puntos máis rexeitados da lei, tanto pola comunidade educativa como polas familias. A LOMCE fixou unha avaliación en 3º de Primaria e outras en final de etapa: 6º de Primaria, 4º de ESO e Bacharelato.

Enlaces de interese:

Confederación de ANPAS Galegas: Web | Facebook

FANPA  Compostela (Federación de Asociacións de Nais e Pais dos centros públicos de Compostela e comarca): Facebook