O vindeiro xoves, 22 de novembro, impartirase no centro sociocultural Luis Seoane unha charla sobre o Uso seguro e saudable das novas tecnoloxías, dirixida ás familias e profesionais da educación. Trátase dunha conferencia dinámica, promovida polo Concello do Pino, que forma parte das actividades programadas con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A charla correrá a cargo de Pantallas Amigas e celebrarase entre as 19:00 e as 20:00 horas do día 22. Aquelas persoas que estean interesadas en participar, deberán anotarse chamando ao teléfono dos servizos sociais municipais: 981 511 002. O mínimo de participantes para a realización desta actividade é de 10 persoas.