O CPI Camiño de Santiago da comezo as actividades extraescolares que oferta a ANPA, o Concello e o colexio. A rapazada de O Pino poderá gozar a partir da primeira semana de outubro, en horario de 15:30 a 16:30, das actividades nas que estean inscritos. Ademáis, os xoves e venres o alumnado da ESO poderá facer uso do servicio de autobús escolar habilitado despois das clases de preparación do B1.

Os luns, mércores, xoves e venres o CPI acolle as actividades de ludoteca, psicomotricidade, creatividade, teatro, ballet, informática, baloncesto, bádminton, cociña, artes plásticas, teatro, kárate, robótica e zumba. Para máis información, consulta os horarios publicados na páxina web da ANPA do CPI Camiño de Santiago, envía un correo a contacto@anpacaminosantiago.es, ou chama ao 692 205 776.