Consello Escolar
O Consello Escolar é o órgano de participación da comunidade educativa no control e xestión do CPI Camiño de Santiago, o noso centro. Nel están representados os diferentes sectores da comunidade: profesorado, alumnado, familias, persoal non docente e Concello do Pino.
O Consello Escolar ten funcións moi importantes para o funcionamento e a calidade educativa do noso centro, como aprobar os proxectos educativos e curriculares, participar na selección e avaliación do director ou directora, propoñer medidas para favorecer a convivencia e a inclusión, coñecer e valorar o rendemento académico do alumnado e os resultados das avaliacións, aprobar o orzamento e supervisar a súa execución, promover a conservación e mellora das instalacións e fomentar a relación coas familias e co entorno.
As familias poden participar no Consello Escolar elixindo os seus representantes, presentándose como candidatos ou candidatas, asistindo ás reunións informativas que se convoquen, facendo chegar as súas propostas, suxestións ou queixas ao Consello Escolar e colaborando nas actividades que se organicen desde o mesmo. A vosa participación é moi importante para mellorar a calidade educativa do noso centro e para defender os dereitos e intereses das familias.
Por iso, desde a ANPA do CPI Camiño de Santiago queremos animarvos a participar activamente no Consello Escolar.
Actualmente, no Consello Escolar hay tres representantes das familias. Duas destas persoas foron escollidas directamente polas familias e a outra foi elixida pola ANPA.
Tal e como foi aprobado na asemblea ordinaria da ANPA de 2023 incorporamos un correo electrónico, que tamén vai figurar na páxina web do CPI Camiño de Santiago, para que as familias nos fagan chegar as súas preocupacións, demandas ou propostas sobre o funcionamento do centro. Obxectivo é poder trasladar as inquedanzas das familias ao Consello Escolar e que se teñan en conta nas súas decisións.
Podedes enviarnos todas as vosas achegas ao enderezo electrónico familias.cpicaminodesantiago@gmail.com.
Na directiva da ANPA agardamos as vosas propostas.
A continuación compartimos a normativa que regula o Consello Escolar.
- Ley 3/1986, do 18 de decembro, de Consellos Escolares de Galicia (DOG do 26 de decembro de 1986)
- Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, por lo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os consellos escolares territoriais e municipais, en desenvolvemento da Ley 3/1986, do 18 de decembro, de Consellos Escolares de Galicia (DOG do 11 de marzo de 1988)
- Decreto 87/1992, do 26 de marzo, por lo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia (DOG del 7 de abril de 1992)