A Xunta Directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago acaba de convocar Asamblea Xeral Ordinaria para a viniera semana. Debido a normativa relacionada coa covid-19 e para evitar aglomeracións fanse dúas convocatorias: unha para o martes, día 22, para pais e nais de alumnado de Infantil e Primaria, e outra para o mércores, día 23, para pais e nais da ESO.

As duas asambleas vanse celebrar no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane (casa da cultura) ás 19.15 horas en segunda convocatoria.

A convocatoria formal das duas asambleas é a seguinte

Convocatoria Infantil e Primaria

Convócase a todos os pais e nais de alumnado en Educación Infantil e Primaria á Asemblea xeral ordinaria da ANPA do CPI Camiño de Santiago, que se vai celebrar no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane o vindeiro martes, 22 de setembro de 2020, ás 19.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 19.15 horas, en segunda convocatoria, coa seguinte

Orde do día

1.- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

2.- Informes da directiva

3.- Devolución das cotas de actividades do curso anterior

4.- Rogos e preguntas

Convocatoria ESO

Convócase a todos os pais e nais de alumnado na ESO á Asemblea xeral ordinaria da ANPA do CPI Camiño de Santiago, que se vai celebrar no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane o vindeiromércores, 23 de setembro de 2020, ás 19.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 19.15 horas, en segunda convocatoria, coa seguinte

Orde do día

1.- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

2.- Informes da directiva

3.- Devolución das cotas de actividades do curso anterior

4.- Rogos e preguntas