A Xunta Directiva da ANPA do CPI Camiño de Santiago convoca Asemblea Xeral ordinaria da Asociación de Nais e Pais do CPI do Camiño de Santiago. A asemblea celebrarase no auditorio do centro sociocultural Luís Seoane o vindeiro xoves 23 de novembro de 2023 ás 20.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 21.00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte

Orde do día

  1. Aprobación, se procede, das actas das asembleas anteriores (15 e 26 de xuño de 2023)
  2. Actividades extraescolares.
  3. Inglés B1
  4. Aprobación das contas 2023
  5. Aprobación do orzamento xeral do ano 2023 – 2024
  6. Aprobación de estatutos (despois de requirimento por parte da xunta)
  7. Charla Formativa e Informativa sobre Adicións e Redes Sociais
  8. Rogos e preguntas

Dende a Xunta Directiva animamos a todas as familias a participar na Asemblea xa que a colaboración e o compromiso dos pais e nais son claves para o bo funcionamento da nosa asociación e para asegurar que se sigan desenvolvendo actividades en beneficio dos nosos fillos e fillas.