A ANPA do CPI Camiño de Santiago e a piscina municipal cuberta de Arzúa veñen de ampliar o acordo de colaboración para impartir cursos de natación, do que ata agora se beneficiaba o alumnado de Primaria, para que tamén o alumnado de Infantil poida asistir ás clases nesta instalación deportiva. O prezo dos cursos é de 7,35€ mensuais por alumno/a.
Segundo o acordo alcanzado, os escolares de Infantil poderán realizar o curso de natación na tarde dos venres, en horario de 18:15 a 19:00 horas. Con respecto a Primaria, na actualidade hai un grupo xa formado que asiste a clase os martes.
As familias interesadas deberán contactar coa vocal da ANPA Asunción Maillo no número de teléfono 653 716 168, a partir das cinco da tarde.