A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago presentou a súa dimisión en conxunto. Para elixir a un novo equipo directivo, a ANPA celebrará unha asamblea o vindeiro lunes, 26 de xuño, ás 20.00 horas na casa da cultura.

Dende a directiva actual informan que a Xunta Directiva debe estar integrada por un mínimo de tres persoas.

Reproducimos a continuación a carta asinada polo actual presidente, Miguel Ángel Gómez Bascoy,animando a país e nais a coller as rendas da ANPA.

Estimados socios:

Queremos informar que a xunta directiva actual decidiu presentar a súa dimisión en conxunto, o que implica que é necesario formar unha nova xunta directiva para garantir a continuidade do funcionamento da nosa ANPA.

Para poder establecer unha nova xunta directiva necesitamos un mínimo de tres persoas voluntarias dispostas a asumir esta responsabilidade. É importante que todos nós, como membros activos da ANPA, nos involucremos e axudemos a garantir a continuidade das actividades e apoios que a asociación ofrece á nosa comunidade educativa.

Con este obxectivo, convocamos unha nova asemblea xeral que terá lugar o vindeiro día 26 deste mes de xuño, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura.

Animamos a todos os pais e nais interesados en colaborar coa ANPA e contribuír ao benestar dos nososfillos a que asistan a esta asemblea, xa que é fundamental para que a ANPA continúe a desenvolver o seuimportante labor na escola.

Agradecemos a vosa atención e esperamos vervos a todos na asemblea do vindeiro día 26.