A ANPA do CPI Camiño de Santiago informa a toda a comunidade educativa que o alumnado maior de 8 anos e as súas familias poden participar en Pino-Aventura, unha actividade que pretende fomentar o xogo en equipo, o exercicio físico e a agudeza mental. Organizada pola Concellaría de Cultura do Pino en colaboración con Territorio Comanche, celebrarase o vindeiro 21 de maio, comezando ás 10.30 horas na praza de Forcarei.

Para participar hai que formar equipos, de entre 2 e 5 persoas, que deberán superar diversas probas (físicas ou de coñecemento), orientarse e localizar diferentes puntos de control ou balizas para conseguir puntos.  Os equipos percorrerá un máximo de 6 quilómetros.

O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 19 de maio ás 14.00 horas ou ata completar o número máximo de participantes.

Podes anotarte na casa de cultura presencialmente, chamando ao 981 511 065 ou mandando un correo electrónico ao enderezo cultura@opino.galTes toda a información e o boletín de inscrición na páxina web do Concello do Pino, neste enlace (preme aquí)