Dende a ANPA do CPI Camiño de Santiago queremos trasladarlles a todas as familias os nosos mellores desexos para estas Festas de Nadal y un ano 2019 cheo de felicidade e ledicia.

O alumnado comezou hoxe as vacacións de Nadal, despois da visita de Papá Noel ao colexio, á escola unitaria de Gonzar e á escola infantil A Galiña Azul.

O vindeiro 8 de xaneiro retomaremos as actividades extraescolares. Ata entón, deixámosvos esta imaxe das alumnas e alumnos que acoden á clase de Informática.

Feliz Nadal e venturoso Ano Novo.